AGOSTIÑO IGLESIAS

Comeza a sua carreira en 2013 como fotógrafo social e publicitario con encargos para entidades como Greenpeace España, Verdegaia, Turgalicia, Colabora Birmania ou Adolfo Domínguez.

Durante estos últimos anos concentra os seus esforzos no fotoxornalismo e o documentalismo como fotógrafo freelance, colaborando con La Voz de Galicia principalmente; publicou tamén con El País, Faro de Vigo, Novas da Galiza, Revista Salvaje, revista Luzes, Altaïr Magazine…

Paralelamente, imparte clases de fotografía en diversas localidades da provincia de A Coruña.