
Dende o ano 2010 traballa como colaborador da Axencia EFE e do xornal Faro de Vigo. Realizou fotografías para outros medios de comunicación como El País, El Mundo, La Vanguardia, ABC, Público, Eldiario.es, La Marea, Nós Diario, Revista Luzes, The Guardian e axencias como AFP ou AP.
En 2021 o seu traballo sobre a pandemia do coronavirus foi recoñecido cos premios Ortega y Gasset, POYi, News Photo Awards, Sony World Photography Awards, Estaçao Imagem ou Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, entre outros.