ÓSCAR CORRAL

Comezou a traballar como fotógrafo en 2003 en La Voz de Galicia, despois de interesarse polo fotoxornalismo durante a traxedia ecolóxica do Prestige. Tras o paso pola fotografía institucional no executivo galego (Xunta de Galicia) retornou a prensa diaria na Agencia EFE onde ten publicado imaxes nas principais cabeceiras
internacionais a través da European Pressphoto Agency (EPA). Desde 2009 traballa como fotógrafo no diario El País, que compaxina con reportaxes internacionais para o mesmo diario así como para El País Semanal.

Ten recibido distintos premios polas súas coberturas, entre os que destacan o “Full-Focus” que distingue as mellores fotografías do ano segundo a axencia Reuters (2013) e o “Estaçao Imagem” pola súa cobertura a bordo do buque humanitario “Aquarius” da ONG Médicos sen Fronteiras (2019).