
Directora de Fotografía e Xornalista.
Dirixiu o seu primeiro documental, ‘Outra Coruña Posible’ en 2019. Recentemente elaborou o seu proxecto multimedia ‘Raíces Doces’ (Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro). Dirixiu a serie ‘Conseguiremos’ en colaboración coa RAG e a USC para promover o uso do galego entre a mocidade (Premio Clúster Audiovisual Galego 2020). En 2021 obtén o máster en Dirección de Fotografía na ESCAC (Escola Superior de Cinema e Audiosuais de Cataluña).
Actualmente traballa na dirección de fotografía de proxectos audiovisuais documentais e de ficción.