OS AMOS DA COCA

OS AMOS DA COCA

Óscar Corral

Mentres barcos cheos de haxix cruzan o Estreito, no norte, en Galicia, seguen descargando outras planeadoras cargadas de cocaína. Despois dos excesos dos anos 90, os galegos aprenderon a fuxir dos focos. En silencio, desde as Rías Baixas opera un imperio do transporte de coca, que nos últimos anos se estendeu por diversos portos europeos, África e o leste do Mediterráneo.
A maioría dos sospeitosos habituais de narcotráfico viven no Salnés. Teñen en quen inspirarse: de aí son Sito Miñanco, Manuel Charlín, ou Laureano Oubiña. Alí estaban as mansións dos máis grandes narcotraficantes galegos, aínda que é certo que as cousas xa non son como nos anos noventa, cando os narcotraficantes percorrían as rúas das localidades do Salnés en Porsche ou Ferrari. Agora tentan pasar desapercibidos, pero o negocio ilícito continúa.

Mientras lanchas llenas de hachís cruzan el Estrecho, en el norte otras planeadoras cargadas de cocaína siguen descargando en Galicia. Tras los excesos de los años noventa, los gallegos han aprendido a huir de los focos. En silencio, desde las Rías Baixas opera un imperio de transporte de coca que en los últimos años se ha extendido a varios puertos europeos, a África y al Mediterráneo oriental.

View Work

OS AMOS DA COCA

TEMPOS DE PANDEMIA

TEMPOS DE PANDEMIA

Brais Lorenzo

Tempos de pandemia é un resumo da crise sanitaria, económica e social que cambiou o noso modo
de vida repentinamente. As imaxes abarcan desde os primeiros momentos na propagación do virus e
a declaración do estado de alarma ata o periodo de vacinación no que estamos inmersos. Nas
fotografías amosánse momentos positivos e negativos, dramáticos e alegres, que son os que, en
esencia, tamén compoñen as vivencias humanas.

As imaxes están realizadas na súa totalidade na provincia de Ourense (Galicia) e a súa pequena
cidade de pouco máis de 100.000 habitantes. Ourense ten o maior índice de envellecemento de
España e é tamén unha das zonas maís afectadas polo envellecemento da poboación dentro da
Unión Europea. Foron xustamente elas, as persoas maiores, o sector máis vulnerable da poboación,
as que sufriron con maior contundencia o duro golpe da pandemia do coronavirus.

View Work

TEMPOS DE PANDEMIA

A PASAXE

A PASAXE

Vanessa Casteleiro

Non alcanzaba a vista dos demais ata o poboado chabolista de A Pasaxe, a antiga Conservera Celta. Máis de cincuenta familias, excluídas, lonxe do benestar social. 40 anos de identidade sempre presente. Extendíase a miseria entre falsas construcións. As paredes con retratos contaban historias de tradicións e de amores. Cores chamativos que adornaban a madeira vella e os trozos de metal. Fogares que albergaban a intención da normalidade. Antigos nómadas instalados no desexo doutro futuro e doutro presente.

View Work

A PASAXE

AO FARO

Migracións

AO FARO

Paula Quiroga

Ista é unha das familias dos máis dos 2000 senegaleses rexistrados en Galicia. Ousmane viaxou a Europa só. Dende neno viviu do mar e iso permitiulle atopar un traballo pronto e conseguir permiso de residencia. Tras anos de aforro comprou un billete de avión para a súa muller, Oumy. Hoxe teñen dous fillos en común, Maimuna e Baye.

View Work

AO FARO