Que é ollo

Ollo é un colectivo que traballa na creación, distribución, divulgación e difusión de historias relevantes para a sociedade a través da linguaxe da imaxe. Para realizar esta función conformamos un colectivo de persoas con contrastadas traxectorias entorno ao fotoxornalismo, documentalismo gráfico e videográfico. O proxecto do colectivo Ollo abarca os seguintes eidos:

Proxecto cultural

Achegamos historias de gran interese social, documental, sociolóxico e antropolóxico á poboación a través de: exposicións, faladoiros, talleres, experiencias inmersivas… Adaptándonos aos espazos e aos formatos. Realizamos un traballo de divulgación da fotografía e o vídeo.

Proxecto educativo

Realizamos talleres e cursos en torno á fotografía e o vídeo, dende niveis básicos ata unha formación orientada a profesionáis da imaxe, principalmente no eido do xornalismo gráfico. 

Xestionamos proxectos de carácter participativo en torno a fotografía e o vídeo.

Realizamos asesoramento sobre proxectos gráficos.

Proxecto comercial

Traballamos en proxectos de creación propia sobre temáticas relevantes para a sociedade actual. Tamén realizamos encargos para medios de comunicación, institucións, particulares e ONGs.

Proxecto editorial

Xeramos e xestionamos material gráfico para publicacións en distintos formatos, tanto físico como dixitais.

Promovemos a creación de catálogos, fotolibros e fanzines como apoio a proxectos expositivos.