SARA GARCÍA

Xestora cultural e comunicadora.

A súa traxectoria profesional vinculouse nun primeiro momento á divulgación e a crítica cultural en diferentes medios de comunicación. Posteriormente adentrouse no sector das industrias creativas como xestora cultural autónoma, levándoa a colaborar con iniciativas moi diversas, como coa axencia e festival WOS, coa produtora Tarabela Creativa ou coa asociación cultural Tecedeira, organizadora das Xornadas Etnográficas da Mariña.